A palmada
Como xogar:
Nun terreo de xogo trázanse dúas liñas paralelas a unha distancia acordada. Nunha colócanse todos os/as participantes, a carón uns/has de outros/as, coas palmas das mans cara arriba. Na outra liña está o que apanda, que se dirixe ao grupo coa intención de golpear un membro na palma da man. Cando o fai, escapa a correr para quedar a salvo detrás da súa liña e non ser collido polo tocado. Se o consegue, a persoa tocada quedará eliminada e continúa o xogo. Se a tocan é ela quen queda eliminada e a tocada pasa a apandar. Remata o xogo cando queden todas as persoas eliminadas.

