Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

A pata coxa

Xogos Tradicionais Galegos

A pata coxa

Como xogar:

Comezamos este xogo debuxando no chan un rectángulo que dividiremos en seis cadros iguais. En cada cadrado poñemos o nome de diferentes cousas (deportes, cidades, ríos, cores, froitas, peixes...). O xogo comézao un/ha participante que, cos dous pés xuntos, se coloca no primeiro cadro (deportes), continuará a pata coxa polos demais cadros dicindo en voz alta o nome de deportes sen equivocarse nin deterse a pensar. Se remata, pasará ao seguinte cadro e así sucesivamente ata completar os seis cadros. De trabucarse nalgún, será a quenda do/a seguinte participante.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega