Adiviñas de animais
Como xogar:
Adivíñeo o señor
se é quen de adiviñar.
De neno vivo na auga
e de grande vivo no ar. Solución
Un becho pequeno,
negro, barulleiro,
que canta sen parar
o verán enteiro. Solución
Cal é o animal,
que aínda que non queira,
sempre vai acompañado
de dúas femias? Solución
Cal é o animal,
a ver se o acertas,
que leva unha cadeira
e non senta nela? Solución
Chámanme con “a”,
eu falo con “b”
e visto un xersei
que aínda está sen tecer. Solución
Xogar con 50 adiviñas de animais

