Arrurú!
Como xogar:
Trátase do primeiro xogo co que o/a bebé é benvido/a ao mundo. A persoa adulta canta un recitado sinxelo (o arrolo) que debe procurarse, se é posible, no propio medio, pois os arrolos forman parte do patrimonio oral.
Sirva este como exemplo mínimo:
A persoa adulta verbaliza o recitado ao tempo que arrola o neno/a, facendo ademán de lle bater no cu.
Recitado: Arrurú, coa tranca no cu.
Arrará, coa tranca pra ca.
Errirí, batereiche aquí.
Variante: Arrurú, coa tranca no cu,
morreron os vellos
e quedamos eu e tu.

