Billarda, estornela...

Xogos Tradicionais Galegos

Billarda, estornela...

Como xogar:

A billarda ou estornela é o auténtico deporte nacional de Galicia, e de aí os múltiples nomes que recibe ao longo de todo o país.

As regras tradicionais do xogo son zonais e, en xeral, complexas. Con todo, a Liga Nacional de Billarda (LNB) fixo unha adaptación das mesmas que permitiron a organización de competicións regradas e que souberon incoporar a xente nova á súa práctica, gozando actualmente dun notable vigor.

Para comezar, talvez só sexa preciso saber que o xogo consiste en picar un pau aguzado tirado no chan (a billarda) nun dos seus extremos con outro pau de medio metro de longo (o palán). Trátase de que a billarda voe e, mentres está no aire, asegundarlle outro golpe de tal maneira que se vaia canto máis lonxe mellor.

Unha vez adquirida a habelencia necesaria, poden organizarse competicións, practicando o xogo nalgunha das súas variantes.

As regras tradicionais do xogo da comarca de Arzúa son as que aparecen aquí.

As regras consensuadas pola Liga Nacional de Billarda (LNB) poden atoparse aquí.

As regras que rexen as competicións da Federación Galega de Deporte Autóctono, aquí.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega