Bólas, bugallos, gua...

Xogos Tradicionais Galegos

Bólas, bugallos, gua...

Como xogar:

Sirva este exemplo para simbolizar as innumerables modalidades que presenta o xogo con bólas ou canicas. Nesta variante é preciso contar cun “círculo madre” duns trinta centímetros de diámetro. Dentro del cada xogador/a aliña unha ou dúas bólas da súa propiedade, de tal xeito que ao final hai unha boa ringleira de bólas. Arredor, trázase outro círculo, o “círculo de tiro”, a unha distancia acordada.

Elixidas as sortes, o primeiro xogador/a tira a súa bóla de xogo contra as que están aliñadas, e súas son todas aquelas que consiga sacar do “círculo madre”. Sempre que consiga sacar algunha daquelas bólas, repite tirada. Cando falla, debe deixar a súa bóla de xogo alí onde ficou, e cederlle a vez ao seguinte xogador/a.

O segundo xogador/a repite unha operación semellante, só que agora poderá optar por tirarlle á bóla de xogo do primeiro xogador/a. Se consegue darlle a esta, o dono da bóla terá que lle dar unha das canicas que ten no peto.

O xogo continúa desta maneira ata que todos os xogadores/as participen e empece unha nova volta. O xogo remata cando non hai bólas no “círculo madre”.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega