Cadeira da Raíña
Como xogar:
O nome castelán do xogo ("la silla de la reina") vén dado porque, igual que noutros e por causa da presión secular do castelán sobre o galego, o recitado verbalízase nesta lingua. Dous xogadores/as trasladan un terceiro sentado sobre os seus brazos, entrelazados, no entanto se canta o recitado. Cando o recitado di “la silla se rompió”, a raíña déixase caer, debendo facelo con tino para non se mancar. De contado se repite o xogo intercambiando os papeis.
Recitado: A la silla de la reina,
que nunca se lava,
que nunca se peina;
y si se peinara,
piojos no criaba;
y un día se peinó,
y la silla se rompió.