Carraca, tastarabás...

Xogos Tradicionais Galegos

Carraca, tastarabás...

Como xogar:

Trátase dun enredo autoconstruído que, feito xirar sobre o veo, emite un son característico e certamente estrondoso, que se prestaba tradicionalmente para envolver os oficios relixiosos da Semana Santa. Sirva como exemplo dos enredos fabricados para emitir sons (e non tanto música, como sucede con outros).

O enredo presenta unha estrutura de madeira na que se insiren unha o varias lingüetas dunha roda dentada movida por un mango, o veo. As lingüetas, de madeira, fíxanse por un dos extremos e apóianse polo outro sobre as arestas da roda. Cando a facemos xirar de forma enérxica, as lingüetas van golpeando sucesivamente todas as arestas, producindo un grande estrondo.

Diferentes propostas de enredos semellantes poden atoparse neste mesmo sitio web do Consello da Cultura Galega ("Os instrumentos musicais na tradición galega", da autoría de Pablo Carpintero): http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/indice-de-instrumentos/

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega