Carriño do nabo, de remolacha, de...

Xogos Tradicionais Galegos

Carriño do nabo, de remolacha, de...

Como xogar:

Sirva como exemplo este xoguete, non só especificamente dos carriños de nabo (ou remolacha) que noutros tempos a persoa adulta lle construía ao neno/a baixo a atenta mirada (e participación nos momentos en que esta era posible) deste, senón todo tipo de enredos autoconstruídos que posibilitan o movemento e, en definitiva o adestramento sensomotor do neno/a. No caso que nos ocupa, a persoa adulta (non exenta de certa habelencia) sérvese dunha cachola de nabo ou de remolacha para construír un auténtico carriño do que o neno/a (evidentemente, con xeito, dada a súa febleza) poderá tirar, cargando e descargando as mercadorías que estime oportunas. Nos tempos que nos tocou vivir, co carro desterrado das faenas agrícolas, un coche e mesmo un tractor poden cumprir a mesma función sempre que a habelencia do “construtor/a” o permita.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega