Carrizo de cana, chiribicocó, federicocó
Como xogar:
Cortamos un tubo de cana. Facémoslle un corte transversal de un cm de ancho, á altura da metade. Facémoslle unha fenda lonxitudinal, dende arriba ata o corte transversal. Repetimos a acción ata obter unha abertura de un cm e medio. Realizamos catro fendas en uve nos extremos do tubo, os de arriba unha miguiña desprazados cara a fenda vertical e os de abaixo, centrados. Preparamos unha lingüeta de un cm de ancho e o dobre de longa cá fenda lonxitudinal. Collemos un fío duns 60 cm e dámoslle dúas voltas ao redor do tubo, pasándoo polas fendas en uve. Anoamos. Pasamos a lingüeta por entre os fíos, ata que tense ben, dándolle voltas. Xa podemos tocar golpeando a lingüeta cos dedos.

