Carro, tractor, remolque...
Como xogar:
Tradicionalmente, os enredos construídos para transportar obxectos simbolizaban en certa medida o carro, elemento omnipresente nas faenas dos labregos/as. Na actualidade, ben podemos falar de “remolque” e mesmo de “coche” ou "tractor". O enredo consiste, simplemente, nunha caixa de madeira (ou incluso doutros materiais máis prontamente perecedoiros) con dúas (ou catro) rodiñas simples, e tirado por un cordel. O xogo consiste, en que o neno/a tira polo carro para facelo rodar, e mesmo carga, transporta e descarga mercadorías a eito.