Chave

Xogos Tradicionais Galegos

Chave

Como xogar:

Trátase dun xogo xenuinamente galego (incluídas as áreas culturalmente galegas dos territorios administrativos de Asturias e León), aínda que semellante a outras prácticas de lanzamento e de precisión doutras culturas peninsulares.

Para practicar este xogo abonda cunha chave (de diferentes tipos en cada zona do país) e cunhas moedas gordas (os pellos) que son lanzadas contra aquela a unha distancia duns 20-30 pasos. O xogo practícase singularmente por parellas, aínda que son factibles competicións individuais e por equipos, e mesmo se utiliza un lanzamento previo para elixir parella.

O sistema de puntuación é complexo e diferente en cada zona do país. Non obstante, basicamente obtéñense oito puntos por cada pello que toque a chave, e incluso un punto para o pello máis próximo cando ninguén atinou. Así e todo, cando a tirada tivo igual éxito nas dúas parellas, ningunha delas anotará ningún punto.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega