Cichón, cichote...

Xogos Tradicionais Galegos

Cichón, cichote...

Como xogar:

Trátase dun enredo inofensivo, aínda que falamos dunha “arma” en sentido estrito. O seu obxecto é mollar unha persoa zarrapicándoa coa auga que sae a presión deste xoguete autoconstruído.

Do pau dunha vasoira vella de cana, sen rachar, córtase un anaquiño, deixando un nó nun extremo. No outro extremo da cana cortamos outro fragmento, deixando tamén o nó nunha punta. É preciso construír un émbolo o máis axustado posible, émbolo que tradicionalmente levaba na súa cabeza estopas de liño envolvéndoo. No anaco de cana descrito é mester facer un buratiño, cunha agulla de calcetar ou con algo similar, que será o “canón” por onde vai saír a auga. Só queda encher este tubo de auga e provocar que saia con forza empuxando co émbolo.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega