Cucaña

Xogos Tradicionais Galegos

Cucaña

Como xogar:

Xogo universal, en Galicia a cucaña máis común foi tradicionalmente a realizada nas vilas mariñeiras coa auga do mar como ”colchón”. Disposto horizontalmente, convenientemente amarrado nunha base “en terra” ou nunha embarcación, disponse un poste, que adoitaba ser de piñeiro, ben liso e ensebado. No extremo final do poste colócase o obxecto a recoller (un pano, por exemplo) ou mesmo o premio que vai levar o gañador/a (un coello, por exemplo).

Establecida a orde de intervención, cada participante tentará camiñar polo poste para chegar ao obxecto colocado no extremo. Gaña quen o consiga, pero nin que dicir ten que a auténtica diversión que provoca o xogo son as caídas á auga dos participantes que teñen menos sorte que o gañador/a.

Nas cucañas de terra o poste é vertical, e trátase de engaravitar por el.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega