Decotín decotán...
Como xogar:
Un/a dos/as participantes, debruzado/a sobre a mesa ou noutra postura semellante, pero en todo caso cos ollos tapados, escoita o recitado e trata de saber cantos dedos lle puxo o seu compañeiro/a no lombo. Se acerta co número de dedos, líbrase e pasará a apandar o outro xogador/a, intercambiando os papeis. Se non acerta, o xogo continúa coa segunda parte do recitado, sucesivamente. No caso da segunda variante do Recitado 2 que se presenta, ao non acertar, recibirá tantas palmadiñas no lombo como dedos tiña realmente tocándolle.
Recitado 1: Decotín e decotán,
e das cordas cordabán,
e do can que salta a sebe,
churrica e bebe,
adivina burro
que tienes encima de tu culo.
Recitado 2: Se ti ... (NÚM. DEDOS) dixeras
nunca pena non tiveras,
decotín e decotán,
e das cordas cordabán,
e do can que salta a sebe,
churrica e bebe,
adivina burro
que tienes encima de tu culo.
Variante (rec. 2): Se dixeses... (NÚM. DEDOS)
nin gañabas
nin perdías
nin levabas
as palmadas
que tiñas
que levar.

