Gaiola, ichó, esparrela, trapela...

Xogos Tradicionais Galegos

Gaiola, ichó, esparrela, trapela...

Como xogar:

Trátase dun xogo pouco recomendable se traspasa a categoría de “xogo” e se provocamos sufrimentos innecesarios aos animais. Tradicionalmente foi común que, sobre todo os nenos, construísen artísticas gaiolas, servíndose do vimbio, para cazar paxaros. Reflíctese nesta actividade, quéirase ou non, a natureza do home cazador, anacrónica nos tempos da era electrónica, pero o xogo en si mesmo é unha interesante actividade de adestramento da habilidade e da capacidade de inventiva. A gaiola, naturalmente, precisaba dun enxeño (á vontade do construtor) que provocase que, cando o paxaro fose comer o cebo, a gaiola se pechase.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega