Lancha de xunco
Como xogar:
Despois de arrincar un xunco, dobramos a uns sete centímetros, para facer o pau da vela. Deseguido vólvese a dobrar á mesma distancia e vaise envolvendo ao redor do mastro ata que se remate o xunco. Ao acabar este proceso, préndese con espiñas de pau de espiño ou acacia brava. Metémoslle unha na proa, outra na popa e outras dúas, unha a babor e outra a estribor. Finalmente pónselle unha folla de loureiro atravesada no mastro, que fará de vela. Ver ficha

