Leiriñas, tres en liña, ta-te-ti, pai-fillo-nai...

Xogos Tradicionais Galegos

Leiriñas, tres en liña, ta-te-ti, pai-fillo-nai...

Como xogar:

Xogo universal, precisa só de dous pares de tres fichas (no seu defecto, serven pedriñas, botóns...) cada un, e dun taboleiro que mesmo pode ser debuxado no chan ou nun simple papel. O taboleiro é un cadrado ao que se lle marcan os lados e as diagonais. Dous xogadores/as enfróntanse, comezando un deles (por veces, en partidas sucesivas) colocando unha das súas tres fichas no punto central do cadro. Alternativamente, colócanse as outras cinco fichas. Gaña o primeiro en conseguir poñer en rea as súas tres fichas, mesmo en diagonal.

Nalgunha modalidade a ficha do medio non pode moverse. Noutras versións, si.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega