Mariola, truco, peletre, raia, tella, estrícola...

Xogos Tradicionais Galegos

Mariola, truco, peletre, raia, tella, estrícola...

Como xogar:

Existen infinitas formas da mariola (o debuxo no chan, con casas, que pode facerse cun xiz, cun garabullo... dependendo do tipo de terreo) por Galicia adiante. O grupo decide a orde de intervención tirando unha tella ou pedriña a unha raia. Cada xogador/a comeza tirando a tella ao número un. Despois, sen tocar as raias e saltando cunha perna soa, irá empurrando a tella tratando de metela, sucesivamente, en cada un dos cadros, ata chegar ao último número, e volver.

 

Sacada a tella do truco, volve empezar, pero lanzando agora ao cadro número dous e realizando todo o proceso de novo. Repítese a operación sucesivamente, cada vez lanzando ao cadro seguinte, ata chegar ao último número. Cando o xogador/a en cuestión comete un fallo, cédelle a vez ao seguinte.

 

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega