Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

O sete e medio

Xogos Tradicionais Galegos

O sete e medio

Como xogar:

Debuxamos no chan un rectángulo que dividiremos en oito cadrados. En cada cadrado, poñemos un número do 1 ao 7, agás nun, que debuxaremos un asterisco. A 2, 3, 4 pasos, segundo o acordado, trazamos unha liña que será o lugar de lanzamento.

Cada xogador/a terá un par de tacos, pedras planas (cacho de tella, ladrillo...) e lanzaranos sobre o rectángulo. O/A xogador/a que meta un taco no 7 e outro no asterisco, gaña a partida. De non facelo ninguén, irá sumando un punto aquel/a que se achegue máis a 7 e medio e gañará quen alcance unha puntuación previamente acordada.

Variante:

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega