Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

O triángulo

Xogos Tradicionais Galegos

O triángulo

Como xogar:

Debuxamos un triángulo equilátero no chan e, dentro del, colocamos tantas bólas como persoas xoguen. A dous ou tres pasos trazamos unha liña paralela ao mesmo. A continuación, cada xogador/a lanza cadansúa bóla (outras diferentes) cara ao triángulo co fin de quedar o máis preto posible del. Quen meta a súa dentro do triángulo queda eliminado/a e a bóla pasará a quen quedou máis próximo/a. No caso de que ninguén a meta dentro, quen quede máis preto levará todas que están dentro do triángulo. Proseguirá o xogo como no inicio, poñendo cada xogador/a unha nova bóla dentro do triángulo.

Outra variante deste xogo consistiría en lanzar a bóla co fin de sacar algunha do triángulo. De conseguilo pasaría a ser propiedade do lanzador/a. Do contrario, ficaría dentro como unha máis.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega