Pelexa de galos, loita...

Xogos Tradicionais Galegos

Pelexa de galos, loita...

Como xogar:

Sirva como exemplo dos sinxelos "combates" que poden organizarse para poñer en xogo a nosa forza e habilidade.

Os dous contendentes sitúanse agachados, de crequenas, e apoiados só na punta dos pés. Debúxanse dous círculos tanxentes, situándose cada contendente nun deles. O xogo consiste en empurrar coas palmas das mans tratando de que o adversario saia do seu círculo ou perda o equilibrio.

Como sucede sempre cos xogos tradicionais, as normas deben acordarse antes de comezar o xogo. Non obstante, parecen consensuadas estas:

- Só se permite empurrar coas palmas. Está prohibido tocar na cara.

- Perde aquel/a contendente que teña que botar as mans ao chan, ou que apoie toda a planta do pé, ou que toque a liña do círculo.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega