Petanca

Xogos Tradicionais Galegos

Petanca

Como xogar:

Xogo importado de Francia arredor do século XVIII, constitúe unha sosegada actividade de lanzamento de precisión. Precísanse varias bólas metálicas, duns 7 cm de diámetro, e un boliche, bóla moito máis pequena (similar a unha canica) de madeira.

O xogo pode practicarse individualmente ou por equipos. Escollido o equipo que empeza, facendo unha tirada, o primeiro xogador/a escolle lugar de lanzamento e traza arredor del un círculo duns 35-50 cm de diámetro. Lanza, entón, o boliche. A continuación, el mesmo ou alguén do seu mesmo equipo, lanzará a primeira bóla, tratando de arrimala ao boliche (este xogador, por razóns evidentes, recibe o nome de arrimador).

Seguidamente, os elementos do outro equipo lanzan tantas veces como sexa necesario ata que conseguen situar unha das súas bólas máis preto do boliche ca a bóla lanzada en primeiro lugar.

Volve, entón, o equipo orixinal lanzar. Gaña punto aquel equipo que consiga situar unha das súas bólas máis preto do boliche. O xogador/a gañador será o encargado de iniciar o novo tanto lanzando o boliche cara ao lado contrario do campo, segundo temos descrito.

Algunhas regras básicas do xogo son estas:

- Os pés do xogador/a que lanza non poden levantarse totalmente do chan.

- O lanzador/a non pode saír do círculo ata que a bóla toque o chan.

- O lanzador/a debe estar totalmente situado no interior do círculo.

- É válido darlle ás bólas xa situadas no chan para arredalas do boliche, e mesmo a este para modificar a súa posición.

- Cada xogador/a dispón dunha ou dúas bólas.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega