Randea, randeeira, bambán...
Como xogar:
As randeas tradicionais, elaboradas na súa forma máis sinxela cunha simple corda convenientemente pendurada da póla dunha árbore, participan do mesmo proceso de autoconstrución, en interacción entre persoa adulta e neno/a, que se describe noutros xoguetes. O xogo, unha vez dispostos os elementos necesarios, consiste en arrandearse, percibindo así unha sensación absolutamente especial. Nas idades temperás, a persoa adulta debe acompañar o neno/a