Roma, punzón...

Xogos Tradicionais Galegos

Roma, punzón...

Como xogar:

Esencialmente, consiste nun xogo entre dous/dúas. Trátase de cravar un pau afiado nun extremo (a roma), nun chan que sexa mol. Cando tira un xogador/a e crava, o seguinte debe intentar derrubar a roma do primeiro, pero logrando que a súa quede cravada.

Conseguido isto, lánzase ao aire a roma do derrubado e coa propia bátese o máis forte posíbel para afastala do círculo (de 1 m de diámetro aproximadamente) o máis lonxe que se poida. Efectuado este lanzamento, páctanse as cravadas que vai realizar o xogador/a que lanzou desde o círculo antes de que o dono da roma que fora lanzada chegue con ela ao propio círculo e faga unha cravada. É dicir, se se pacta a cinco chantadas ou cravadas, o xogador ten que efectuar as cinco cravadas antes de que o seu contrincante faga unha. Pero se, mentres, o que está cravando falla por exemplo na cravada número 3, deberá empezar a contar dende cero.

As partidas poden acordarse a un número de tantos.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega