Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Soniño sono

Xogos Tradicionais Galegos

Soniño sono

Como xogar:

Non se trata propiamente dun arrolo. Recitados como o que se ofrece de exemplo parecen permitir máis ben a posibilidade de poder ser traballado con nenos/as con incipiente capacidade para memorizalo. A persoa adulta acompaña o recitado cun agarimo que peche os ollos do neno/a. Neste caso, chamamos polo sono tamén, igual ca nos arrolos propiamente ditos, claro.

 

Recitado: Soniño, sono,

               vente a este ollo,

               pouquiño a pouco,

               vénteme a estoutro.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega