Tantarantán
Como xogar:
As burlas ou mentiras son sinxelos xogos, moi presentes na tradición oral, nos que a persoa adulta acaba facéndolle unha pequena traiduría ao neno/a. Neste mínimo exemplo, a persoa adulta recita e cando remata, faille cóxegas ao neno/a na barriga.
Recitado: Tantarantán, tarantán, tarantola,
o que non come non ten barrigola.
Variante 1: Tinguirindín, guirindín, guirindolas,
o que non come non ten barrigolas.
Variante 2: Pimpirindín, pirindín, pirindolo,
o que non come non ten barrigolo.

