Tiratacos, tirabalas...

Xogos Tradicionais Galegos

Tiratacos, tirabalas...

Como xogar:

Trátase dunha "arma" tradicional, pero inofensiva. O seu obxecto é disparar “balas” autofabricadas cos máis diversos materiais.

Dunha póla dereita de sabugueiro córtase un anaquiño que quede entre dous nós, excluíndo estes. A tona da póla debe ser extraída coa navalla e, cun arame, débeselle sacar toda a miola de dentro. Constrúese a continuación unha baqueta con calquera outro pau dereito, de tal xeito que, cando a baqueta estea dentro do anaquiño de sabugueiro que temos preparado, queden uns dous centímetros libres na punta. Introdúcese, entón, a primeira bala, e púxase dela ata que chega á punta do “canón”; provocaremos así, unicamente, que a bala quede no extremo, pero non sairá porque a baqueta non chega a empuxala para provocar a súa saída. Introducimos, entón, unha segunda bala. Nesta ocasión, o mesmo proceso que realizamos coa primeira vai provocar que se comprima o aire do interior do tubo, tendo como consecuencia, en definitiva, que a primeira bala saia disparada facendo un ruído semellante ás balas de verdade.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega