Xan de Outeiro
Como xogar:
Nos contos acumulativos vanse engadindo, progresivamente, novos elementos. O exemplo que se presenta, como tal conto acumulativo, admite novos elementos que se poden incluír sobre a marcha. As sucesivas repeticións ao longo do tempo permiten sucesivos graos de dificultade que van desde a simple escoita por parte do neno/a, á repetición dalgunhas palabras clave acompañando a persoa adulta (o nome dos animais, por exemplo), ou á repetición íntegra de todo o relato, sen esquecer a inclusión de novos elementos.
Recitado: Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle chaman Turroi.
Tamén ten un gato
que lle chaman Escribano.
Tamén ten un galo
que lle chaman Santiago.
Tamén ten unha galiña
que lle chaman Mariquiña.
Tamén ten unha ovella
que lle chaman Cotorella.
Tamén ten…

