Xoaniña
Como xogar:
Na cultura tradicional existen moitos xogos onde os protagonistas son os animais. Este exemplo, antes que un xogo propiamente dito, é un recitado empregado cando o neno/a e a persoa adulta atopan unha xoaniña, a collen e a observan antes de soltala de novo.
Recitado: Voa, voa, xoaniña,
que che hei de dar pan e viño.
Voa, xoaniña, voa,
que che hei de dar pan e broa.
Variante 1: Xoaniña, voa, voa,
que teu pai vai en Lisboa
a comer pan e cebola.
Variante 2: Voa, xoaniña, voa,
que che hei de dar pan e filloa.

