Xogo do burro
Como xogar:
Comeza o xogo facendo un círculo no chan do tamaño que se precise polo número de participantes. A continuación escóllese parella. O/A compañeiro/a máis forte fai de burro/a e colle ao lombo a súa parella. De seguido, entran todas as parellas dentro do círculo e comezan a darse empurróns, sen utilizar as mans, intentando sacalas do círculo. O xogo remata cando quede só unha parella dentro do círculo, que será a gañadora. Cada vez que queiramos repetir o xogo, é obrigatorio mudar de parella.

