Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Xogo dos botóns

Xogos Tradicionais Galegos

Xogo dos botóns

Como xogar:

Faise un guá ou burato no chan, que non teña moita profundidade. Cada xogador/a pon un botón dentro do guá. Por quendas, cada un/ha vai lanzando sobre os botóns unha sola traseira dun zapato coa debida forza para facer saltar do burato o maior número de botóns.

O xogador/a quedarase cos botóns que consiga sacar do guá. Cando este quede baleiro, cada participante porá outro botón e continuaremos xogando até que decidamos, ou ata que quedemos sen botóns que repoñer.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega